martes, 26 de junio de 2018

Resumo das probas do curso


Nesta entrada aparecen as principais cuestións aparecidas nas probas do curso. Na proba de setembro pode aparecer calquera cuestión relativa a calquera parte do temario, pero recoméndase firmemente centrarse nas cuestións seguintes:

- Describe a organización da sociedade no Antigo Réxime

- Enumera e describe brevemente os principios do liberalismo

- Explica as causas e o desenvolvemento da Revolución Francesa

- Orixe, características e sectores punteiros da Primeira Revolución Industrial

- Realiza un esquema das vagas revolucionaria de 1820, 1830 e 1848, indicando as zonas afectadas por cada unha delas

- Trazos básicos do capitalismo

- Indica as principais etapas da obra de Goya, citando un exemplo de cada etapa

- Explica as causas e consecuencias externas e internas da Guerra de Sucesión

- Enumera e describe brevemente os principios do liberalismo

- Enumera e describe brevemente as propostas de Montesquieu, Rosseau e Adam Smith

- Explica en que consiste o nacionalismo

- Explica os principios básicos do socialismo marxista e do anarquismo

- Explica as causas da expansión colonial de finais do século XIX

- Explica o proceso de unificación de Alemaña

- Indica as fontes de enerxía, principais sectores e formas de organización do traballo características da 2ª Revolución Industrial

- Explica as causas e o desenvolvemento da I Guerra Mundial

- Explica as principais características e consecuencias do Tratado de Versalles

- Explica os principais trazos do fascismo italiano

- Explica redactando ou mediante un esquema como o crac bursátil de 1929 provocou a Gran Depresión, explicando os pasos intermedios

- Explica as fases da Segunda Guerra Mundial, indicando os principais acontecementos de cada unha

- Explica a política de reformas do bienio reformista da II República

- Indica a composición dos dous bandos da Guerra Civil española

- Explica os principais trazos do franquismo

- Describe brevemente os principais elementos ideolóxicos, económicos e militares dos dous bloques na guerra fría

- Cita as catro fases principais da Guerra Fría e polo menos un acontecemento relevante de cada unha delas

- Describe brevemente os principais opcións políticas nas democracias liberais

- Describe as principais características da política económica das democracias populares

- Explica brevemente a cronoloxía e causas da descolonización

- Indica as principais áreas de conflito en África e que países vense principalmente afectados

- Describe brevemente os principais conflitos de Oriente medio dende 1948

- Cita os presidentes de Goberno españois e os da Xunta de Galicia dende 1977 ata a actualidade


- Termos a definir: O Directorio, Santa Helena, John Locke, Congreso de Viena, proletariado, sociedade de clases, agricultura de subsistencia, Rococó, Zollverein, ludismo, AIT, movemento sufraxista, nacionalismo de afirmación, Bismark, Sociedade de nacións, soviets, plan quinquenal, marcha sobre Roma, John M. Keynes, espazo vital, democracia cristiá, CEDA, Carrero Blanco, bloqueo de Berlín, Estado do Benestar, Movemento Nacional, Carlos Arias Navarro, OTAN, xaría, conferencia de Bandung, transición democrática
 

viernes, 1 de junio de 2018

Contidos 2º parcial 3ª avaliación

Tema 7:

- Páxinas 198-203. 
- Páxina 204: só definir 3º mundo. conferencia de Bandung e movemento dos Non aliñados.

Tema 8:

- Páxinas 218-219.
- Páxinas 220-223: países membros e nome das institucións da UE
- Páxina 228-230 y 232-233

Tema 9

- Páxinas 244-245
- Páxinas 246-247: principais dereitos recollidos na Constitución, describir os diferentes poderes do Estado
- Páxinas 250-261: Nome e cronoloxía dos presidentes do Goberno de España e da Xunta de Galicia.
- Páxinas 262-265: Problemas e desafíos de Galicia